Imágen genérica de cabecera RC Celta

Entradas RC Celta

RC CELTA- RAYO VALLECANO 

Estadio Abanca Balaidos

Domingo 31/03 ás 14h

Merca a túa entrada aquí

                                      

 

                       

RC CELTA – UD LAS PALMAS 

Estadio Abanca Balaidos

Sábado 20/04 a las 14h

Merca a túa entrada aqui

 

 

 

 

Rexístrate na nosa web para recibir os nosos correos e coñecer antes que ninguén a información sobre as datas de venda de entradas do RC Celta, prezos, descontos, etc.

REXÍSTRATE AQUÍ PARA RECIBIR INFORMACIÓN SOBRE Á VENDA DE ENTRADAS


 

INFORMACIÓN CONDICIÓNS DE COMPRA

Lembramos aos usuarios que unha vez adquirida a entrada non se cambiará nin se devolverá o seu importe salvo que teña lugar a cancelación ou suspensión do partido.

A imposibilidade de asistir ao evento ou calquera outra circunstancia persoal do usuario non será motivo suficiente que faculte a solicitar a resolución, cancelación do contrato ou a devolución do prezo pago. O dereito de desestimentp recoñecido pola normativa sobre consumidores e usuarios non será aplicable nestes casos ao tratarse de servizos de lecer ou esparexemento, e por tanto expresamente exceptuado con arranxo ao art. 103 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias. As entradas son nominais e non admiten nin cambios nin devolucións.

 

Podes compran as túas entradas na nosa web ou a través de calquera das nosas canles autorizadas :

Entradas.com https://www.entradas.com/

El Corte Inglés https://www.elcorteingles.es/entradas/

Tomaticket https://www.tomaticket.es/

Non compres entradas noutras canles non oficiais (ViaGoGo, por exemplo) ou autorizados, xa que as entradas poden ser falsas e non permitirán a túa entrada no recinto.

Servizo de venda de entradas exclusivo para seguidores do RC CELTA. Os afeccionados de equipos rivais deben adquirir as súas entradas contactando co seu respectivo clube, obrigatoriamente para a bancada de ‘Afección Visitante’. O clube resérvase o dereito de denegar o acceso ao recinto a aqueles compradores afeccionados de equipos rivais que compren entradas a través deste servizo. O club solicitará identificación ao portador da entrada que debe coincidir cos datos do comprador reflectidos na mesma. O clube resérvase o dereito de non permitir o acceso ao estadio con vestimenta ou emblemas do equipo rival por razóns de seguridade. O afeccionado acóllese ao réxime interno do club emanado da lexislación vixente (Lei 19/2007 – RD 203/2010) e acepta a normativa de acceso das competicións de alcance da presente/é entrada/as’.

 

INFORMACIÓN ACCESO MENORES DE IDADE

Toda persoa, independentemente da súa idade mesmo bebés, necesitará unha entrada válida para acceder ao estadio. Os menores de 16 anos deberán ir sempre acompañados por un adulto coa súa entrada correspondente. Para menores de idade, o prezo da entrada é o de Sub25, non existe un prezo especial para outras categorías.