Hai algún tipo de desconto por discapacidade?

Si. O desconto habitual por discapacidade é do 25% sobre o prezo normal do abono. No caso da tempada 2020/21, os abonados con discapacidade deben tramitar o seu abono igual que o resto de abonados (50€), aplicándose o 25% de desconto sobre o posible suplemento no suposto de poder acceder ao estadio. A discapacidade debe … Continuación

Pódense tramitar altas para esta tempada 2020/21?

Si. Este ano sen cota de alta. Terás acceso ás mesmas vantaxes que os abonados que renoven. Non terás butaca asignada ata que se habilite de maneira definitiva o 100% do aforo do estadio. Nese momento, abriríase un prazo para que escollas a túa butaca definitiva entre aquelas libres.

Enviarédesme o carné de abonado ao meu domicilio?

Si.  Recibirálo no teu domicilio a partir do mes de xaneiro, unha vez rematada a campaña de abonados. Lembra que podes gozar das vantaxes de ser abonado sen necesidade de ter o novo carné, simplemente indicando o ID abonado, que podes consultar no carné de tempadas anteriores.

Como tramito o alta dun menor de 8 anos?

Como se trata dun trámite gratuíto non é necesario que o xestiones na plataforma online. Debes solicitar o alta a través de escoitamos.rccelta.es indicando todos os datos do menor: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, datos completos do domicilio e datos de contacto (correo electrónico e móbil). Necesitaremos ademais os datos completos do pai/nai … Continuación