Pódense tramitar altas para esta tempada 2020/21?

Si. Este ano sen cota de alta. Terás acceso ás mesmas vantaxes que os abonados que renoven. Non terás butaca asignada ata que se habilite de maneira definitiva o 100% do aforo do estadio. Nese momento, abriríase un prazo para que escollas a túa butaca definitiva entre aquelas libres.

Existe algún tipo de desconto por tramitar o abono antes dunha determinada data?

Non. O prazo é único, do 13 de novembro ao 15 de xaneiro de 2021.

Por que este ano a campaña de abonados realízase no mes de novembro e non en xuño como normalmente?

A situación de incerteza actual derivada da crise sanitaria obrigounos a atrasar a habitual campaña de tempada. A intención do  RC Celta foi publicar a campaña coñecendo xa os detalles sobre o acceso do público ao estadio. Con todo, esa decisión depende das autoridades sanitarias e de LaLiga e de momento non se pode prever.

Son abonado anual, ata o de agora renovaba o meu abono en decembro/xaneiro cando debo renovar o meu abono?

Debes renovar o teu abono na campaña actual, antes do 15 de xaneiro de 2021.

Son abonado de tempada, ata o de agora renovaba o meu abono en xuño/xullo cando debo renovar o meu abono?

Debes renovar o teu abono na campaña actual, antes do 15 de xaneiro de 2021.

Qué prazo teño para tramitar o abono?

Do 13 de novembro ao 15 de xaneiro.