As Celtas continúan reforzando o seu plantel para a tempada 2025/26 coa incorporación de Noela Sánchez, dianteira de 21 anos nacida en Sigüeiro (A Coruña), que se une ao equipo para achegar talento, velocidade e gol na zona ofensiva.
A pesar da súa mocidade, a moza atacante conta cunha sólida traxectoria xa que militou en equipos como o Victoria FC, o RC Deportivo B e o Fundación Tenerife. Agora, aterra en As Celtas coa ilusión de seguir crecendo e ser unha peza clave no ataque celeste.
O Celta recibe a unha xogadora versátil, con olfacto goleador e unha gran proxección que nos próximos días poñerase ás ordes de Vicky Vázquez.
Benvida, Noela!