
O Celta e a súa Fundación foron hoxe protagonistas dunha das xornadas máis especiais do ano coa súa tradicional visita de Nadal ás áreas de Pediatría e Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro. O primeiro cadro de xogadores, o corpo técnico, a presidenta Marián Mouriño e outros representantes do club percorreron as habitacións para entregar agasallos, asinar autógrafos e compartir uns minutos cos pequenos, que recibiron a visita cunha ilusión desbordante.
Nun ambiente próximo e emotivo, o sorriso dos nenos converteuse, un ano máis, no mellor agasallo para o club nestas datas tan especiais.