Carné Celtista

ESTEAS ONDE ESTEAS, FAITE CELTISTA

Dúas maneiras diferentes de formar parte do RC Celta pero unidas por un mesmo carné: Carné Celtista e o Carné Celtista Abonado

Mockup Carnet Celtista

Un RC Celta para todos

Por primeira vez desde o seu lanzamento a pasada tempada, iniciamos o proceso de renovación do Carné Celtista.

 

Este carné é o teu acceso directo á nosa comunidade, á historia e ao futuro do noso club.

FAITE CELTISTA

As vantaxes de ser Celtista

Celtista Celtista Abonado
  • BUTACA ASIGNADA PARA OS PARTIDOS DO PRIMEIRO EQUIPO EN ABANCA BALAÍDOS*

  • NÚMERO DE SOCIO E ANTIGÜIDADE

  • DESCONTO DO 10% EN TENDAS OFICIAIS DO RC CELTA**

  • BONO REGALO DE 10€ EN ENTRADAS OU PRODUTOS OFICIAIS***

  • DESCONTO NO MUSEO, EXPERIENCIAS E TOUR ABANCA BALAÍDOS

  • DESCONTO NAS ESCOLAS FUNDACIÓN, CAMPUS E CLÍNICS

  • ACCESO AO PROCESO DE COMPRA DE ENTRADAS PARA OS PARTIDOS DE VISITANTE****

  • PRIORIDADE E/OU DESCONTO NA COMPRA DE ENTRADAS****

  • ACCESO Á LISTA DE ESPERA PARA CONSEGUIR O ABONO

  • ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FORTUNA*****

  • ACCESO AOS PARTIDOS DE AS CELTAS*****

  • ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FEMXA ZORKA RECALVI*****

  • VANTAXES DE PATROCINADORES

*Acceso aos partidos de competición europea suxeito ao pago do suplemento.
**Agás para produtos en promoción e non acumulable con outros descontos.
***Non é acumulable dunha tempada a outra. O uso deste bono é exclusivo para a tempada vixente, en caso de non utilización do mesmo o importe do bono perderase. Non acumulable a outras promocións. Poderá empregarse a partir do 1 de agosto.
****Para partidos en LaLiga, Copa del Rey e Europa League.
*****Ata completar capacidade destinada a Carné Celtista.

Ata a tempada 24/25, a única maneira de formar parte da familia celeste era a través do carné de abonado, que levaba asociada unha butaca en Abanca Balaídos. Esta opción non permitía que todos os seguidores, que viven tamén con paixón o celtismo pero que non poden acudir regularmente ao estadio, tivesen o seu carné de socio. Falamos deses celtistas que viven lonxe de Vigo ou aqueles que por calquera outro motivo non poden gozar de boa parte dos partidos.

 

O Carné Celtista é unha porta de entrada para todos aqueles que aman estas cores e desexan formar parte da familia celeste. Agora poderán gozar de todas as vantaxes a excepción da butaca asignada en Abanca Balaídos por un prezo moi accesible, co obxectivo de crear un RC Celta global e para todos, levando a Afouteza ata calquera lugar do mundo.

 

Ademais, quen conta co Carné Celtista xa poden inscribirse na lista de espera para conseguir o seu abono, que se asignará por orde de antigüidade do propio carné. Un paso máis para estar aínda máis preto do equipo e para non perder a oportunidade de ter o teu sitio en Abanca Balaídos en canto sexa posible.

Butaca Asignada Abanca Balaídos
Precio
  • Miudiño

    Acceso aos partidos
    Butaca asignada
    Gratis
  • Celtista

    30€
  • Celtista As Celtas

    50€
  • Celtista Colaborador

    80€
  • Celtista Abonado

    Prezos segundo grada e categoría

Dossier informativo

Consulta o dossier completo da campaña para resolver calquera dúbida que teñas.

Elixe o teu carné

Descubre as nosas categorías

Celtista Abonado

Co teu abono da tempada 25/26 ademais de ter dereito de asistencia aos partidos de LaLiga, Copa dee Rey e Europa League* do primeiro equipo en Abanca Balaídos, tamén terás acceso aos partidos da Celta Fortuna, As Celtas, Celta Femxa Zorka e aos partidos de A Canteira.

 

Este ano terás tamén a opción de, se non podes renovar o teu Carné Celtista Abonado, solicitar a renovación como Carné Celtista nas 3 modalidades dispoñibles. Lembra que se elixes esta opción, perderás a túa butaca en Abanca Balaídos.

Prezos

Para esta nova tempada 25/26, os prezos dos carnés actualizáronse ao redor dun 3 % mantendo a reestruturación realizada na pasada campaña.

 

Os abonados da bancada de Gol que foron trasladados de forma temporal, renovarán co mesmo prezo que os de Marcador Alto. Doutra banda, as persoas recolocadas de maneira definitiva pasarán a abonar o importe correspondente á súa nova localidade.

Vantaxes de ser Celtista Abonado

Co teu abono da tempada 25/26, ademais de ter dereito de asistencia aos partidos de LaLiga, Copa del Rey e Europa League* do primeiro equipo en Abanca Balaídos, tamén terás acceso aos partidos de Celta Fortuna, As Celtas, Celta Femxa Zorka e aos partidos de A Canteira.

 

Esta tempada senón podes asistir a Abanca Balaídos, poderás deixar que outros celtistas ocupen o teu lugar: cede o teu abono ao club para un partido, converte o teu carné intransferible en transferible durante toda a tempada ou converte o teu carné intransferible en transferible para un só partido (estas 2 últimas opcións non están dispoñibles en Marcador Baixo). 

 

Lembra que podes acceder ao estadio utilizando o carné físico, o cal incorpora un chip de proximidade para facilitar o acceso, ou co carné dixital co QR ou o NFC dispoñibles en nosa App ou a través do Portal do Celtista.

BUTACA ASIGNADA PARA OS PARTIDOS DO PRIMEIRO EQUIPO EN ABANCA BALAÍDOS*

NÚMERO DE SOCIO E ANTIGÜIDADE

DESCONTO DO 10% EN TENDAS OFICIAIS DO RC CELTA**

DESCONTO NO MUSEO, EXPERIENCIAS E TOUR ABANCA BALAÍDOS

DESCONTO NAS ESCOLAS FUNDACIÓN, CAMPUS E CLÍNICS

ACCESO AO PROCESO DE COMPRA DE ENTRADAS PARA PARTIDOS DE VISITANTE***

PRIORIDADE E/OU DESCONTO NA COMPRA DE ENTRADAS***

ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FORTUNA****

ACCESO AOS PARTIDOS DE AS CELTAS****

ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FEMXA ZORKA RECALVI****

VANTAXES DE PATROCINADORES

*Acceso aos partidos de comeptición europea suxeito ao apgo do suplemento.
**Non é acumulable dunha tempada a outra. O uso deste bono é exclusivo para a tempada vixente, en caso de non utilización do mesmo o importe do bono perderase. Non acumulable a outras promocións. Poderá empregarse a partir do 1 de agosto.
***LaLiga, Copa del Rey e Europa League.
****Ata completar capacidade destinada a Carné Celtista.

EUROPA LEAGUE

Volven as noites europeas a Abanca Balaídos. Se non queres perder ningún partido do RC Celta na Europa League, podes engadir un suplemento opcional ao teu abono de LaLiga + Copa del Rey.

 

Este suplemento inclúe un mínimo de 4 partidos (fase de grupos e posibles eliminatorias en casa) e ten un custo único do 20 % sobre a cota base do teu abono, sen descontos aplicables. Deberás solicitalo no Portal do Celtista do 10 ao 19 de xuño. O pago realizarase do 1 ao 7 de agosto, de forma automática se tes domiciliación, ou manual desde o Portal do Celtista se non a tes.

 

Unha vez finalizado o prazo, non se poderá adquirir nin acceder aos partidos europeos co abono habitual.

 

*Por requisitos UEFA, algunhas zonas do estadio poderían verse afectadas e requirir recolocacións. O club contactará directamente neses casos.

Dossier informativo

Consulta o dossier completo da campaña para resolver calquera dúbida que teñas.