Imágen genérica de cabecera RC Celta

Aviso Legal e Condicións de Uso

O presente Aviso Legal e Condicións de Uso (en diante, “Aviso Legal”) rexen o acceso e a utilización do sitio web accesible mediante os nomes de dominio https://www.rccelta.es/ e os seus subdominios (en diante, “Sitio web”).

O simple acceso ao Sitio web atribúe a quen o realiza a condición de Usuario do Sitio web (en diante, “o Usuario”) e implica a aceptación de todos os termos incluídos neste Aviso Legal. En caso de non estar de acordo con este Aviso Legal, o Usuario debe abandonar inmediatamente o Sitio web sen utilizalo.

Por medio da aceptación do presente Aviso Legal, o Usuario manifesta:

  1. Que leu, entende e comprende o aquí exposto.
  2. Que asume todas as obrigacións aquí dispostas.

O Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal cada vez que acceda ao Sitio web, xa que o mesmo e este Aviso Legal poden sufrir modificacións.

O titular do Sitio web se reserva a facultade de realizar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo/previo aviso, calquera modificación ou actualización dos seus contidos e servizos, do presente Aviso Legal e, en xeral, de cuantos elementos integran o deseño e configuración do Sitio web.


1. INFORMACIÓN XERAL DO SITIO WEB

En cumprimento do establecido polo artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, a continuación, ofrécese a información xeral do Sitio web:

Titular: Real Club Celta de Vigo, S.A.D. (en diante, RC CELTA)

Domicilio:Calle Príncipe 44, 36202, Vigo (Pontevedra)

E-mail: https://www.rccelta.es/escoitamos

Teléfono: 986 110 900

C.I.F.: A-36609105

Datos Rexistro: Rexistro Mercantil de Pontevedra, Folio 119, Libro 1.218 de Sociedades, Inscrición 1ª da folla número PO-7.073.


2. CONDICIÓNS DE USO

2.1 Acceso ao Sitio Web

O acceso ao Sitio web é gratuíto salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións fornecida polo provedor de acceso contratado polo Usuario.

2.2 Normas de utilización do Sitio web

O Usuario obrígase a utilizar o Sitio web e todo o seu contido e servizos conforme ao establecido na lei, a moral, a orde pública e no presente Aviso Legal. Así mesmo, obrígase facer un uso adecuado dos servizos e/ou contidos do Sitio web e a non empregalos para realizar actividades ilícitas ou constitutivas de delito, que atenten contra os dereitos de terceiros e/ou que infrinxan a regulación sobre propiedade intelectual e industrial, ou calquera outras normas do ordenamento xurídico aplicable.

O Usuario obrígase a non transmitir, introducir, difundir e poñer ao dispor de terceiros, calquera tipo de material e información (datos, contidos, mensaxes, debuxos, arquivos de son e imaxe, fotografías, software, etc.) que sexan contrarios á lei, a moral, a orde pública e o presente Aviso Legal.

O Usuario obrígase a manter indemne a RC CELTA #ante calquera posible reclamación, multa, pena ou sanción que poida vir obrigada a soportar como consecuencia do incumprimento por parte do Usuario de calquera das normas de utilización antes indicadas, reservándose, ademais, RC CELTA o dereito para solicitar a indemnización por danos e prexuízos que corresponda.

2.3 Responsabilidade

RC CELTA non garante a actualización deste Sitio web, nin garante que a información publicada sexa precisa nin completa. Por tanto, o Usuario debe confirmar que a información publicada sexa precisa e completa antes de tomar ningunha decisión relacionada con calquera servizo ou contido descrito neste Sitio web, consultándoa en caso de dúbida con RC CELTA.

RC CELTA utiliza os medios razoables para controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño no Sitio web, pero corresponde ao Usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.

RC CELTA non se responsabiliza dos danos producidos no software e equipos informáticos dos Usuarios ou de terceiros durante a utilización dos servizos ofrecidos no Sitio web.

RC CELTA non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos no Usuario que traian causa de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo do Sitio web durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.

O Usuario asume que, en caso de tomar decisións en base á información fornecida na Web, a responsabilidade será exclusivamente súa, non podendo realizar reclamación algunha a RC CELTA polas consecuencias das decisións tomadas.

2.4 Contidos e servizos enlazados a través do Sitio web

O servizo de acceso ao Sitio web pode incluír dispositivos técnicos de ligazón, directorios e mesmo instrumentos de procura que permiten ao Usuario acceder a outras páxinas e Portais da internet (en diante, “Sitios Enlazados”). RC CELTA non será responsable dos contidos e servizos fornecidos nos Sitios Enlazados. No caso de que o Usuario considere que existe un Sitio Enlazado con contidos ilícitos ou inadecuados poderá comunicarllo a RC CELTA.

En ningún caso, a existencia de Sitios Enlazados debe presupoñer a formalización de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación de RC CELTA coas manifestacións, contidos ou servizos provistos.

RC CELTA non coñece os contidos e servizos dos Sitios Enlazados e, por tanto, non se fai responsable polos danos producidos pola calidade, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos Sitios Enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable a RC CELTA.

2.5 Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos do Sitio web, entendendo por estes, a título meramente enunciativo, os textos, marcas, nomes comerciais, signos distintivos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, ligazóns e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, son propiedade intelectual e industrial de RC CELTA ou debidamente autorizados por terceiros lexítimos titulares de tal propiedade intelectual e industrial sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario ningún dos dereitos de explotación recoñecidos pola normativa vixente sobre os mesmos.


3. NULIDADE E INEFICACIA DAS CLÁUSULAS

Se calquera cláusula incluída no presente Aviso Legal fose declarada total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia tan só afectará á devandita disposición ou á parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo o presente Aviso Legal en todo o demais, considerándose tal disposición total ou parcialmente por non incluída.


4.LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN COMPETENTE

Este Aviso Legal rexerase e interpretará conforme á lexislación española. RC CELTA e o Usuario acordan someter calquera controversia que puidese suscitarse da prestación dos servizos obxecto destas Aviso Legal, aos Xulgados e Tribunais da cidade de Barcelona salvo que a lei estableza outra cousa.