Carné Celtista
ESTEAS ONDE ESTEAS, FAITE CELTISTA
Dúas maneiras diferentes de formar parte do Celta pero unidas por un mesmo carné: Carné Celtista e o Carné Celtista Abonado
Un Celta para todos
Por primeira vez desde o seu lanzamento a pasada tempada, iniciamos o proceso de renovación do Carné Celtista.
Este carné é o teu acceso directo á nosa comunidade, á historia e ao futuro do noso club.
As vantaxes de ser Celtista
-
BUTACA ASIGNADA PARA OS PARTIDOS DO PRIMEIRO EQUIPO EN ABANCA BALAÍDOS*
-
NÚMERO DE SOCIO E ANTIGÜIDADE
-
DESCONTO DO 10% EN TENDAS OFICIAIS DO CELTA**
-
BONO REGALO DE 10€ EN ENTRADAS OU PRODUTOS OFICIAIS***
-
DESCONTO NO MUSEO, EXPERIENCIAS E TOUR ABANCA BALAÍDOS
-
DESCONTO NAS ESCOLAS FUNDACIÓN, CAMPUS E CLÍNICS
-
ACCESO AO PROCESO DE COMPRA DE ENTRADAS PARA OS PARTIDOS DE VISITANTE****
-
PRIORIDADE E/OU DESCONTO NA COMPRA DE ENTRADAS****
-
ACCESO Á LISTA DE ESPERA PARA CONSEGUIR O ABONO
-
ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FORTUNA*****
-
ACCESO AOS PARTIDOS DE AS CELTAS*****
-
ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FEMXA ZORKA RECALVI*****
-
VANTAXES DE PATROCINADORES E COLABORADORES
**Agás para produtos en promoción e non acumulable con outros descontos.
***LaLiga, Copa del Rey e Europa League. Unha soa entrada por cada carné celtista.
****Ata completar capacidade destinada a Carné Celtista. O Club poderá activar un método de canxeo de entradas por necesidades operativas.
Hoxe, formar parte da familia celeste xa non depende exclusivamente de dispoñer dun abono con butaca en Abanca Balaídos.
O Carné Celtista nace para dar resposta a todos aqueles celtistas que viven o sentimento celeste coa mesma paixón, pero que non poden acudir regularmente ao estadio: quen reside lonxe de Vigo ou quen, por calquera circunstancia, non pode gozar dunha gran parte dos partidos.
O Carné Celtista é unha forma de pertencer a esta familia, de acceder ás súas vantaxes e de sentirse parte do club por un prezo accesible e sen necesidade de contar cunha butaca asignada. Un Celta de todos, esteas onde esteas.
Ademais, as persoas titulares do Carné Celtista poderán inscribirse na lista de agarda para optar a un abono, que será asignado por orde de antigüidade. Un paso máis para asegurar o teu lugar en Balaídos cando a dispoñibilidade o permita.
-
Miudiño
Acceso aos partidos suxeto á capacidadeButaca asignadaGratis -
Celtista
32€ -
Celtista As Celtas
53€ -
Celtista Fundación
90€ -
Celtista Abonado
Prezos segundo grada e categoría
Dossier informativo
Consulta o dossier completo da campaña para resolver calquera dúbida que teñas.
Elixe o teu carné
Descubre as nosas categorías
Celtista Abonado
Co teu abono da tempada 26/27, ademais do dereito de asistencia aos partidos de LaLiga, Copa del Rey e Europa League* do primeiro equipo en Abanca Balaídos, tamén terás acceso aos encontros do Celta Fortuna, As Celtas, Celta Femxa Zorka e A Canteira (ata completar capacidade destinada ao Carné Celtista).
Se este ano non podes renovar como Celtista Abonado, tes a opción de facelo como Carné Celtista en calquera das 3 modalidades dispoñibles: Carné Celtista, Carné Celtista As Celtas ou Carné Celtista Fundación. Lembra que, se escolles esta opción, perderás a túa butaca en Abanca Balaídos.
Prezos
Para esta nova tempada 25/26, os prezos dos carnés actualizáronse ao redor dun 3% mantendo a reestruturación realizada na pasada campaña.
Os abonados da bancada de Gol que foron trasladados de forma temporal, renovarán co novo prezo que os correspondentes á bancada de Gol Baixo (para máis información consultar dossier da campaña).
Vantaxes de ser Celtista Abonado
Co teu abono da tempada 26/27, ademais de ter dereito de asistencia aos partidos de LaLiga, Copa del Rey e Europa League* do primeiro equipo en Abanca Balaídos, tamén terás acceso aos partidos de Celta Fortuna, As Celtas, Celta Femxa Zorka e aos partidos de A Canteira (ata completar capacidade destinada ao Carné Celtista).
Esta tempada se non podes asistir a Abanca Balaídos, poderás deixar que outros celtistas ocupen o teu lugar: cede o teu abono ao club para un partido, converte o teu carné intransferible en transferible durante toda a tempada ou converte o teu carné intransferible en transferible para un só partido (estas 2 últimas opcións non están dispoñibles en Marcador Baixo).
Lembra que podes acceder ao estadio utilizando o carné físico, o cal incorpora un chip de proximidade para facilitar o acceso, ou co carné dixital co QR ou o NFC dispoñibles en nosa App ou a través do Portal do Celtista.
BUTACA ASIGNADA PARA OS PARTIDOS DO PRIMEIRO EQUIPO EN ABANCA BALAÍDOS*
NÚMERO DE SOCIO E ANTIGÜIDADE
DESCONTO DO 10% EN TENDAS OFICIAIS DO CELTA**
DESCONTO NO MUSEO, EXPERIENCIAS E TOUR ABANCA BALAÍDOS
DESCONTO NAS ESCOLAS CELTA360, CAMPUS E CLÍNICS
ACCESO AO PROCESO DE COMPRA DE ENTRADAS PARA PARTIDOS DE VISITANTE***
PRIORIDADE E/OU DESCONTO NA COMPRA DE ENTRADAS***
ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FORTUNA****
ACCESO AOS PARTIDOS DE AS CELTAS****
ACCESO AOS PARTIDOS DO CELTA FEMXA ZORKA RECALVI****
VANTAXES DE PATROCINADORES E COLABORADORES
**Agás para produtos en promoción e non acumulable con outros descontos.
***LaLiga, Copa del Rey e Europa League. Unha soa entrada por cada carné celtista.
****Ata completar capacidade destinada a Carné Celtista. O Club poderá activar un método de canxeo de entradas por necesidades operativas
EUROPA LEAGUE
Volven as noites europeas a Abanca Balaídos e a xestión do suplemento da Europa League será máis sinxela esta tempada.
Se tes o teu abono domiciliado, nun ou varios prazos, e non queres facer ningún cambio (teñas ou non o suplemento da Europa League), o teu abono renovarase automaticamente nas mesmas condicións da tempada pasada. Só deberás acceder para realizar o pagamento do suplemento da EUL con tarxeta, no caso de non telo domiciliado, entre o 3 e o 10 de agosto.
Só debes acceder ao Portal do Celtista se queres:
• Realizar o pagamento con tarxeta.
• Activar o suplemento da Europa League se non o tiñas.
• Eliminar o suplemento se non desexas mantelo.
Durante a renovación, o Portal do Celtista amosarache a túa situación actual e permitirache confirmar ou modificar as condicións do suplemento.
O suplemento inclúe un mínimo de 4 partidos da fase de grupos e todas as eliminatorias que se disputen en Abanca Balaídos, cun custo equivalente ao 20 % da cota base do abono (segundo a categoría e a zona), sen aplicar descontos.
Dossier informativo
Consulta o dossier completo da campaña para resolver calquera dúbida que teñas.