A Fundación Celta de Vigo, a través dos seus coordinadores de categorías inferiores e coa colaboración da Asociación de FútbolAficcionado de Vigo (AFAVI) organizaron un torneo de Fútbol 11 Alevín que comezará este mes e se prolongará ao longo de 7 xornadas.
O torneo xogarase conforme ao que dispoñen os regulamentos da International Board, coas modificacións que, se é o caso, se vaian producindo, unha vez aprobadas aquelas pola FIFA e publicadas oficialmente por R.F.E.F.
Esta competición terá carácter non oficial.
Os equipos participantes serán:
· Balaidos C.F.
· C.D. Neto
· Gran Peña C.F.
· R.C. Celta de Vigo «A»
· R.C. Celta de Vigo «B»
· S.R. Casablanca
· San Miguel C.F.
· U.V.C.D. Candeán
A competición comezará o día 24 de novembro. Haberá 2 xornadas/semanas de descanso nas datas do Nadal (29 decembro e 5 xaneiro)
Este será o calendario da competición