O adestrador do Celta, Eduardo Berizzo, convocou a 18 xogadores para o último partido de Liga ante o Atlético de Madrid (sábado, 19:30, Vicente Calderón), entre eles o canteirán Pape Cheikh. Tamén viaxan coa expedición celeste o sancionado Cabral e o lesionado Fontàs.
A lista completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Iago Aspas, Nolito, Guidetti, Orellana, Drazic, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Planas, Señé e Pape Cheikh.
Fontàs e Beauvue son baixas por lesión e Cabral por sanción.