Os celestes, con 10 desde o inicio, puxeron fe e empeño para despedir ao seu capitán e a tempada
O Celta acabou a tempada oitavo, cun gran partido e unha nova exhibición de ambición e capacidade de superación. Os celestes xogaron con dez desde o inicio do partide tras un penalti cometido por Sergio. Os vigueses remontaron até en tres ocasiones, con goles de Hugo Mallo, Cabral e Nolito, para levar un gran triunfo.
Partido con ritmo, entretido e dinámico. Os celestes chegaron ben nos primeiros compases e aos 13 minutos Casila, sacoulle unha gran man para evitar o tanto de Santi Mina tras unha boa xogada combinativa.
O partido deu un xiro aos 20 minutos tras unha mala cesión a Sergio, quen acabou derrubando a Sergio García na área. Penalti e expulsión. Rubén Branco substituíu a Larrivey para debutar esta tempada.
Casa volveu salvar ao seu equipo tras un gran remate de Augusto. O Celta, cun menos, xogaba arriba, creaba e chegaba. E tivo o seu premio aos 37 minutos. Casa obrou outro milagre ante Orellana e Hugo Mallo cabeceou á rede para levar a alegría a Balaídos. O descanso chegou sen máis novidades, salvo un duro golpe de Casa a Santi Mina.
Tras a continuación, con Borja Fernández por Santi Mina no céspede, aos 2 minutos, Stuani encarou a Rubén e superouno cunha perfecta vaselina. Aos 12 minutos, Cabral cabeceou á rede unha falta executada por Nolito para volver igualar o partido.
O Celta seguía pelexando, cun menos, por levar unha vitoria que deixase un bo sabor de boca á afección na despedida da tempada, e na do gran capitán.
A ambición celeste transformouse en remontada aos 31 minutos tras un veloz contragolpe e un maxistral golpeo, un máis, de Nolito. Puido rematar a faena o cadro vigués cunha espectacular contra que non acabou en gol por centímetros. E xusto despois, á os 38 minutos, Krohn-Dehli foi substituído e levou o agarimo e recoñecemento de Balaídos. Gran vitoria, gran ano, gran capitán.
FICHA TÉCNICA
3-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli (Sergi Gómez, min.83), Santi Mina (Borja Fernández, min.46), Orellana, Nolito e Larrivey (Rubén, min.21)
2-Espanyol: Casilla, Víctor S., V. Álvarez, Stuani (Caicedo, min.67), Sergio García, Moreno, Javi López, Lucas Vázquez, Fuentes, Álvaro e Arbilla
Goles: 1-0, min.22: Sergio García; 1-1, min.37: Hugo Mallo; 1-2, min.47: Stuani; 2-2, min.57: Cabral; 3-2, min.76: Nolito
Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Expulsou a Sergio con vermella directa (min.20) e amonestou a Augusto
Campo: Estadio de Balaídos, 18.385 espectadores