O defensa Facundo Roncaglia chegou este domingo a Vigo para completar a súa fichaxe co Real Club Celta polo próximos catro anos, a expensas de superar o recoñecemento médico e de pechar o acordo definitivo.
Roncaglia (Chajarí, Entre Ríos, Arxentina, 10 de febreiro de 1987), é internacional con Arxentina e conta cunha ampla traxectoria na Serie A italiana, unha ducia de partidos disputados coa selección absoluta Arxentina e ademais experiencia na liga española e a Europa League.
O defensor, formado nas categorías inferiores de Boca Juniors, xogou unha tempada no Espanyol cedido polo conxunto arxentino. Tras un par de campañas no seu país de orixe, en 2012 foi traspasado á Fiorentina para iniciar unha exitosa traxectoria na Serie A italiana, neste club e no Genoa. Disputou ademais un total de 13 encontros da Europa League coa Fiorentina.