Celtismo archive

1.600 entradas vendidas para vivir ‘O Noso Derbi’ en Balaídos

RC Celta

Derbi-4-3-610x400.jpg

As entradas poden adquirirse este sábado na tenda oficial de 10 a 14 e de 17 a 20 horas

 

A tenda oficial do club xa despachou 1.600 entradas para o evento especial que terá lugar este sábado en Balaídos con motivo do derbi galego. Desde as 19:45h todos os asistentes terán a oportunidade de participar nos sorteos de produtos ‘Selecta’ de COREN, material deportivo de CARLOS MIGUEL, vales para os restaurantes A RODA e BRASA Y LEÑA, lotes de conservas DAPORTA… e até dunha figura a tamaño real de calquera futbolista do Celta por cortesía CdeC, provedor de servizos gráficos do club céltico.

 

A diversión comezará desde moito antes. Ás 18:00h a música de M80 e dun DJ en directo comezará a amenizar o evento, que tamén contará cos servizos de restauración das cantinas do estadio. Xa ás 20.30 horas Radio Vigo-Cadena SER comezará desde o estadio a súa previa do partido, con protagonistas e toda a información sobre o encontro e ás 22.00 horas poderase ver o partido en varias pantallas xigantes.

 

As entradas para este evento pódense adquirir (máximo de dous por persoa) tamén este sábado na tenda oficial do Real Club Celta situada nos baixos de Balaidos, con horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. O prezo por entrada será de 1 euro e a recadación destinarase a sufragar os gastos escolares dos xogadores das categorías inferiores.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo archive Celtismo archive

Noticias recomendadas