Club archive

Comunicado do Real Club Celta

RC Celta

escudogrande.jpg

 

O Real Club Celta lamenta e condena de xeito enérxico a actitude dun reducido número de afeccionados durante o minuto de silencio gardado onte no estadio de Balaídos en memoria da axente de policía Vanesa Lage, falecida o pasado venres nun tráxico tiroteo en O Calvario.

 

Estes poucos seguidores non representan en absoluto á afección celeste, cuxo comportamento foi, unha vez, máis exemplar, censurando de xeito contundente e unánime a actitude destos individuos e silenciándolos de xeito inmediato.

 

O club quere agradecerlle á súa afección a súa rotunda reacción e insistir no seu firme rexeitamento a este tipo de comportamentos.

 

O Real Club Celta reitera o seu consternación polo falecemento da axente de policía e as súas sinceras condolencias á súa familia e amigos.

RC Celta

Etiquetas

Club archive Club archive

Noticias recomendadas