escudo_grande.jpg
Club archive

Comunicado do Real Club Celta

RC Celta

escudo_grande.jpg

 

Comeza unha nova etapa no fútbol coa inminente entrada en vigor dunha normativa específica contra a violencia física e verbal. O Real Club Celta quere deixar patente que actuará con rigor para evitar calquera comportamento que cause prexuízo ao club, unha inquietude e un obxectivo que comparte sen ningunha dúbida co celtismo, ata a data sempre exemplar na defensa dos intereses tanto do equipo como da entidade, cun apoio tan incondicional como intachable.

 

O Real Club Celta quere agradecer o alento e comportamento da súa afección nos últimos anos, non só no Estadio de Balaídos, senón en cada un dos seus desprazamentos. O club pode presumir sen dúbida de dispor dunha afección magnífica, cuxa actitude é modélica e o seu incesante apoio vital na consecución dos obxectivos deportivos.

 

En calquera caso, o Real Club Celta velará, sen ningunha dúbida co apoio e a colaboración do celtismo, polo cumprimento das normas para evitar sancións que causen prexuízo á entidade. O club confía plenamente en que nesta nova etapa, que en Vigo comezará o día 16 de decembro co partido de Copa do Rei ante Las Palmas, a afección celeste estará á altura, como sempre fixo, e será de novo un exemplo para todos.

RC Celta

Etiquetas

Club archive Club archive

Noticias recomendadas