Club archive

Comunicado do Real Club Celta

RC Celta

escudo-celta-recurso_copia.jpg

 

A exemplar comuñón entre equipo e afección, fraguada desde o sufrimento, é unha das principais razóns polas que o Celta goza da Primeira División. Esta unión foi vital para lograr o ascenso tras longos anos de padecimiento e sacrificio. E foi clave para lograr unha permanencia milagrosa na que os xogadores creron porque o celtismo creu antes.

 

Esta unión permitiu tamén que o club dispoña na actualidade dunha gran estabilidade, dunha situación económica envidiable, dunha canteira que arrinca eloxios en todo o mundo, de ilusionantes proxectos de futuro. Sen o apoio da afección, o Celta non houbese podido  consolidarse, avanzar e crecer.

 

O Real Club Celta quere expresar o seu agradecemiento á afección polo apoio mostrado no partido de onte, cuxo transcurso e resultado, polas circunstancias do choque, foron quizá frustrantes, pero que unha vez máis non alteraron o decidido apoio da grada.

 

E desexa tamén expresar a súa preocupación pola actitude dunha pequena minoría que, lonxe de animar para empuxar ao Celta cara á vitoria, dedicoulle silbidos ao equipo co encontro, e os puntos, aínda en xogo.

 

Estes silbidos dunha pequena minoría, cuxo destinatario é sempre o equipo vaian a quen vaian dedicados, son máis preocupantes polo que representan que polo seu efecto real. Mostran perda de perspectiva da realidade e dos obxectivos reais da entidade. Representan, sobre todo, unha pequena grieta nunha comuñón cuxa solidez foi e será crucial para o Real Club Celta.

 

O club entende a frustración e decepción que poden provocar partidos como o de onte, pero confía en que, como ata agora, este tipo de sentimentos afloren unha vez conclúa o encontro, como a inmensa maioría do celtismo entende.

 

Con maiúsculas: #CRECEMOSXUNTOS

RC Celta

Etiquetas

Club archive Club archive

Noticias recomendadas