Club archive

Comunicado do Real Club Celta

RC Celta

O club expresa a súa repulsa e malestar cun artigo da edición dixital dun medio de comunicación

 

O Real Club Celta quere expresar a súa repulsa e malestar cun artigo publicado na edición dixital dun medio de comunicación nacional no que se ofende gravemente e de maneira absolutamente gratuíta á institución, aos seus xogadores e á súa afección. O club sempre foi e será escrupulosamente respectuoso coa opinión recollida nos medios de comunicación, pero neste caso vese obrigado a condenar de maneira enérxica o contido deste artigo, que excede todos os límites imaxinables e ataca de forma extremadamente violenta e inxustificada ao celtismo.

RC Celta

Etiquetas

Club archive Hemeroteca club

Noticias recomendadas