Club archive

Emotiva visita do Real Club Celta á planta de Pediatría do Hospital Xeral

RC Celta

xeral02

Os pequenos recibiron con gran ilusión a visita dos xogadores celestes 

 

O Real Club Celta e a súa Fundación gozaron esta mañá dun dos actos máis emotivos e entrañables para xogadores e corpo técnico, a visita aos nenos ingresados na Planta de Pediatría do Hospital Xeral. A totalidade do persoal celeste, técnicos e dirixentes acudiron a esta tradicional cita do Nadal na que o «premio» é insuperable, o sorriso duns pequenos afastados do seu fogar nunhas datas moi especiais.

 

xeral03

 

A conselleira celeste Carmen Avendaño envioulles unha cariñosa mensaxe de ánimo aos nenos, que recibiron cunha enorme ilusión a visita de xogadores e técnicos do Real Club Celta. Na recepción aos célticos na planta terceira do hospital vigués, o director médico do Xeral Ubaldo Álvarez agradeceu a visita e lembroulles aos xogadores que son o espello no que se miran os  pequenos: «Sodes un exemplo para eles, tanto polo que facedes dentro do campo como fóra, admíranvos de verdade», sinalou, o doutor, quen reiterou o seu agradecemento por unha visita que causa especial ilusión aos nenos nunhas datas moi especiais para eles.

 

xeral01

 

Os futbolistas celestes visitaron despois aos pequenos nas súas habitacións, asinaron autógrafos e entregáronlles diversos obsequios da Fundación Celta de Vigo. Recibiron, ademais do gratificante sorriso dos nenos, un aluvión de peticións para que o equipo logre a permanencia.

RC Celta

Etiquetas

Club archive Club archive

Noticias recomendadas