La Fe Seguros celebra o derbi galego ao grande. A compañía viguesa sorteará camisetas, balóns e gorras oficiais asinadas polos xogadores do Celta entre todos os afeccionados que acudan a algún dos postos que a empresa habilitará este sábado preto dos accesos do estadio de Balaídos.
Ademais, La Fe Seguros patrocinará o mosaico e as bandeiras cos que a afección recibirá ao equipo nos prolegómenos do partido. As cartolinas coas que se formará o mosaico están numeradas de face ao sorteo de cinco camisetas do primeiro equipamento céltico asinadas polos xogadores, polo que é importante que os afeccionados as conserven xa que se resultan premiados deberán presentar a súa cartolina nas oficinas de La Fe Seguros (Rúa Elduayen 32, Vigo) para recibir o seu premio.
Os gañadores comunicaranse na web oficial do club. Por outra banda, a empresa galega anunciou os gañadores das entradas dobres en Tribuna para asistir ao derbi galego, que poden recollerse nas súas oficinas:
Gañador 1: Carmen Fernández Fernández
Gañador 2: Iván Rodríguez Álvarez