Redución de prezos en todas as bancadas e entradas a 5 euros para abonados
O Celta afronta este sábado un partido de gran importancia ante o Córdoba, un choque no que será necesario o apoio e a unión de todo o celtismo para, xuntos, retornar ao camiño do triunfo.
Para premiar a encomiable fidelidade dos abonados e afeccionados e para potenciar ao máximo o ambiente celtista no estadio, o club pon a disposición dos abonados celestes entradas por tan só 5 euros e reduce o prezo habitual dos billetes para o público xeral: entre 15 e 40 euros para a categoría ADULTO e entre 10 e 20 euros para a categoría SUB-25.
O RC Celta quere animar a todos os celtistas a acudir este sábado a Balaídos para empuxar ao equipo desde antes do partido e ata o asubío final. A sólida comuñón de afección, equipo e club foi determinante para sobreporse a momentos de dificultade no pasado recente do RC Celta, unha unión que se converteu en alicerce crave e aceno de identidade da institución. Este sábado a familia celtista ten ante si unha nova ocasión para demostrar en Balaídos a forza e o valor da súa unión: #XuntosEnBalaídos.
As entradas poden adquirirse na oficina de abonados até o venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, nos despachos de billetes do estadio o sábado de 10 a 14 e de 17 a 22 horas ou no despacho de billetes online as 24 horas do día (www.celtavigo.org/taquillaCelta). A promoción de entradas para abonados a 5 euros é válida para billetes da mesma bancada á que pertence o abonado (ata completar aforamento. LÍMITE DE 2 ENTRADAS POR CARNÉ).