Actividades

Campaña «Unha Bicicleta, un sorriso»

RC Celta

Hoxe presentouse no Concello de Vigo unha campaña que pasará formar parte dun programa municipal de recollida e reciclaxe de bicicletas que posteriormente serán doadas principalmente a nenos da cidade que proveñan de familias con necesidades económicas.

Á presentación acudiu o Alcalde de Vigo Abel Caballero acompañado de membros da asociación A golpe de pedal e unha representación das tendas de bicicletas que colaboran na súa reciclaxe e reparación. Neste programa colabora, ademais da Fundación Celta, Novagalicia Banco. Por parte da Fundación estivo presente o director xeral Serafín Alonso.

A todos os interesados en participar, indicaráselles o punto de recollida e daráselles un documento acreditativo de ter participado no programa.

cartel35x50 golpe de pedal

RC Celta

Etiquetas

Actividades Actividades Actividades Obra social Obra social Obra social

Noticias recomendadas