Actividades

Éxito da campaña Sangue Celeste

RC Celta

O éxito acadado na xornada de doazón de sangue denominada «Sangue Celeste» reflicte o gran valor e compromiso social da afeción celeste. Dende primeira hora da mañá numerosas persoas acudiron a doar o seu sangue ós autobuses que se situaron nas inmediacións de Balaidos.

Segundo datos do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia, con este aporte poderíanse realizar 47 intervencións cirúrxicas, transfundir plaquetas a 19 enfermos de cancro ou leucemia, obter 23 litros de plasma utilizable en grandes queimados ou enfermidades crónicas ou ben levar a cabo 3 transplantes de fígado, tal como indicou Antonio Carcedo Calvo, responsable da unidade de promoción do Centro de Transfusión.

Dende a Fundación Celta queremos recoñecer e agradecer o esforzo de todos aqueles que acudiron a doar, así como o traballo dos membros do Centro de Transfusión de Sangue, que realizaron un traballo extraordinario para recoller toda esta «Sangue Celeste» que agardamos sirva para axudar a moita xente. 

 

RC Celta

Etiquetas

Actividades Actividades Actividades Obra social Obra social Obra social

Noticias recomendadas