Noticias destacadas

Presentación do evento #Creemosenellas

RC Celta

Este venres presentouse na sala de prensa de El Corte Inglés de Vigo o evento #Creemosenellas, organizado polo Celta Selmark de Baloncesto e que terá lugar o luns 30 de decembro no pavillón de As Travesas. Ao acto de presentación acudiron patrocinadores e organizadores e en representación do Real Club Celta a conselleira Carmen Avendaño e o porteiro do Celta, Yoel.

Trátase dun evento deportivo cun claro aspecto lúdico no que terán lugar diversas activdades e que finalizará cun encontro de baloncesto entre as xogadoras do Celta Selmark e varios futbolistas do Real Club Celta de Vigo.

Ademais, haberá unha recollida de alimentos realizada por voluntarios da Fundación La Caixa que irá destinada a familias e colectivos desfavorecidos da cidade.

RC Celta

Etiquetas

Noticias destacadas Noticias destacadas Noticias destacadas

Noticias recomendadas