16-9
As Celtas

Andrea Albiol incorpórase ao ataque de As Celtas

RC Celta

Andrea Albiol nova fichaxe de As Celtas para a tempada 2026/27. Unha futbolista con talento ofensivo, desborde e ambición que chega á Madroa para seguir crecendo da man dun proxecto que continúa consolidándose.

Dianteira e extremo, Andrea destaca pola súa velocidade, profundidade e capacidade para xerar perigo nos últimos metros. A súa polivalencia e carácter competitivo convértena nun perfil que encaixa á perfección coa identidade de As Celtas.

A súa traxectoria comezou no Benicarló CF, o club da súa localidade natal, antes de continuar a súa formación no Joventud Almassora. Posteriormente, defendeu as cores do Badaxoz e do Levante B, e puxo rumbo a Galicia para xogar no Sárdoma CF. Agora chega a Vigo procedente do Olímpico de León, onde seguiu demostrando a súa capacidade para ser determinante na fronte de ataque.

Coa incorporación de Andrea, As Celtas suman unha nova peza a un proxecto que segue crecendo fiel á súa identidade.

Benvida, Andrea!

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas