1923
O 23 de agosto de 1923 nace o RC Celta de Vigo tras a fusión do Vigo Sporting e o Fortuna de Vigo grazas ao impulso de Manuel de Castro ‘Hándicap’ e o avogado Juan Baliño Ledo. As primeiras cores do equipo foron o vermello e o negro.
O 23 de agosto de 1923 nace o RC Celta de Vigo tras a fusión do Vigo Sporting e o Fortuna de Vigo grazas ao impulso de Manuel de Castro ‘Hándicap’ e o avogado Juan Baliño Ledo. As primeiras cores do equipo foron o vermello e o negro.
O 30 de decembro de 1928 prodúcese a inauguración do estadio de Balaídos. O RC Celta impúxose á Real Unión de Irún por 7-0.
O RC Celta conseguiu ao termo da tempada 1935/36 o seu primeiro ascenso a Primeira División tras finalizar como primeiro clasificado en Segunda División.
Tras tres anos sen poder disputar LaLiga pola Guerra Civil, Nolete anotaba o primeiro gol da historia do RC Celta en Primeira División.
En xullo de 1945 o alcalde de Vigo, Luís Suárez Chairos Penacho, anuncia a adquisición por parte do Celta do Estadio de Balaídos.
Chamartín acolleu a primeira final de Copa do RC Celta. O seu rival, o Sevilla, impúxose por 4-1 tras quedar o equipo vigués sen tres xogadores por lesión e sen Pahiño, expulsado.
O RC Celta impúxose por 10-1 ao Nástic, na que é a maior goleada da historia do equipo celeste en Primeira División.
Debuta Manolo, o xogador con máis partidos na historia do RC Celta.
O RC Celta consegue a súa primeira clasificación da historia para disputar competición europea. O seu primeiro rival foi o Aberdeen escocés, que se impuxo aos celestes nos dous encontros da eliminatoria.
O porteiro Fenoy convértese no máximo goleador do equipo esa tempada.
Con Pavic no banco, o RC Celta ascende desde Segunda División B a Primeira División en apenas dúas tempadas.
Falece Quinocho, histórico xogador do RC Celta, nun asalto ás oficinas do club.
O RC Celta disputa a súa segunda final de Copa #ante o Zaragoza. Tras chegar ata os lanzamentos de penalti, o equipo celeste é superado polo conxunto maño.
O RC Celta consegue #ante o FC Argeş Piteşti romanés a súa primeira vitoria en competición europea grazas a un gol de Juan Sánchez.
O RC Celta álzase coa Copa Intertoto tras superar ao Zenit de San Petesburgo na final.
O RC Celta volve disputar unha final de Copa ante o Zaragoza e de novo cae ante o conxunto aragonés.
Tras unha tempada histórica, o RC Celta clasifícase para a Champions League tras finalizar cuarto en Liga e superar ao Slavia de Praga na rolda previa.
O RC Celta consegue o que ata a data é o seu último ascenso a Primeira División.
O RC Celta logra a histórica permanencia do 4% nun agónico final de tempada.
Nunha campaña sen precedentes, o RC Celta alcanza as semifinais de Copa e de Europa League. En ambos os torneos queda ás portas de disputar a final.