Información institucional, organizativa e de planificación.
Grupo RC Celta fai publica a súa información institucional, organizativa e de planificación, así como económica, orzamentaria e estatística e indicadores do índice de trasparencia INFUT, co obxectivo de avanzar na nosa idea de transparencia e comunicación coa sociedade en xeral.

1. Normativa aplicable
A normativa aplicable á sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., é:
- Real Decreto Lexislativo 1/2010 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Sociedades de Capital, así como posteriores leis que introducen modificacións á mesma..
- Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo sobre Sociedades Anónimas Deportivas.
- Real Decreto Lexislativo 1514/07 do 16 de novembro polo que se aproba o Plan Xeral Contable, as modificacións recollidas no RD 1159/2010 do 17 de setembro e RD 602/2016 do 2 de decembro.
- Orde 27 de xuño de 2000 pola que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás sociedades anónimas deportivas, en todo o que non contraveña ao Real Decreto Lexislativo 1514/07, do 16 de novembro.
- Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte estatal.
- Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.
- Real Decreto 177/1981, do 16 de xaneiro, sobre clubes e federacións deportivas.
- Código de Comercio.
- Demais normativa aplicable a un Club/ SAD profesional (en concreto o Regulamento de Control Económico dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliadas á LNFP e os acordos de Comisión Paritaria do Consello Superior de Deportes e a liga Nacional de Futbol Profesional na que se aproba o novo modelo de Memoria das Contas Anuais dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliados á liga Nacional de Futbol Profesional
- Normativa de Protección de Datos Persoais (LOPD): Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal..
- Directiva 95/46/CE do parlamento europeo e do consello do 24 de outubro de 1995 relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
- Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte.
- Lei 19/2014, do 29 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
- Lei 10/2010 do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo
- Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, do Código penal.
- Regulamento interno do Real Club Celta de Vigo S.A.D. Estatutos sociais e Regulamento Interno do Real Club Celta de Vigo, S.A.D. Art. 6 do Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte).
- Normativas internacionais. ISO 9001, UNE 19601, ISO 14001

2. Estrutura organizativa
O Grupo por dentro
Para o Grupo RC Celta as persoas que o conforman son o principal activo, mantendo un firme compromiso co emprego de calidade baseado en condicións de igualdade de oportunidades, independentemente do sexo, idade ou outras circunstancias. Desde o Grupo RC Celta se aposta e traballa activamente pola aliñación da súa estratexia e obxectivos, co desenvolvemento e a profesionalización das persoas que conforman o seu equipo humano, a través da motivación e a formación continua.

O organigrama

3. Planes e programas
Os focos de actuación
A pesar da situación ocasionada polo COVID-19 conseguiuse avanzar na estratexia da sociedade que xira actualmente entorno ós seguintes eixos:
Solvencia económica e financeira
Plan de investimentos estratéxicos:
- Investimento en xogadores,
- Cidade Deportiva Afouteza, e
- Dixitalización.
Globalización e internacionalización da marca
- Cumprimos co Índice de Transparencia dos Clubes de Futbol (INFUT).
- Certificado de Excelencia en Xestión Empresarial 2021, por tercer ano consecutivo, tras a avaliación dos principais parámetros que determinan a xestión: solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción de clientes, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización.
- Indicador Ardan Empresa Circular 2021, por segundo ano consecutivo, pola continuidade na estratexia de economía circular.
O plan estratéxico da sociedade
Debido a que se trata dunha Sociedade Anónima Deportiva, a maior parte dos investimentos realizados están localizados na compra de xogadores, activos para a empresa que unidos aos que se xeran na propia “canteira”, a cal é unha referencia tanto en España como en Europa, permiten manter e incrementar o valor da sociedade.
Ademais dos xogadores, nestes momentos, o plan estratéxico de investimentos da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. esta focalizado nos seguintes obxectivos

CIDADE DEPORTIVA

DIXITALIZACIÓN
Dentro da cultura de innovación colaborativa e aberta púxose en marcha o proxecto CeltaLab 1923, que busca apoiar a star-ups centradas en xerar novos desenvolvementos aplicados ó mundo do deporte, adoptando a sociedade o papel de usuario beta dos desenvolvementos.
Moito mais cun equipo de fútbol
-
A sociedade ten implantadas distintas metodoloxías e procesos que lle permiten desenvolver a actividade de maneira ética, transparente e sostible, impulsando os valores de excelencia, transparencia, sustentabilidade e proximidade como puntos fortes do seu negocio:
- Excelencia empresarial, implementa diferentes sistemas de calidade baixo o estándar UNE EN ISO 9001:2015 certificados pola entidade de acreditación AENOR, na nosa orientación ao cliente, á xestión de procesos e á mellora continua ( ISO 9001:2015 en Departamento de Seguridade e Instalacións Grupo RC Celta e 3 certificacións na Área Corporativa das 3 empresas). Informa-el Economista outorgounos o Certificado de Excelencia en Xestión Empresarial, año 2019; 2020 e 2021, tras a evaluación dos principais parámetros que determinan a xestión, como son: solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción de clientes, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización.
- Responsabilidade social e etica empresarial no mundo dos negocios, polo que se formula voluntariamente o Estado de Información Non Financeiro do Grupo RC Celta cada tempada, dende a tempada 2018/2019, co obxectivo de promover a transparencia con respecto á actividade do grupo e á sustentabilidade. E impleméntase o sistema de xestión de Compliance Penal baixo o estándar UNE 19601:2017.
- Optimizar a xestión de recursos e residuos o que diferencia á sociedade da competencia e reforza de maneira positiva a imaxe ante a sociedade en xeral. A sociedade integra o medio ambiente na xestión global da mesma, para iso implanta o sistema de xestión ambiental conforme á Norma ISO 14001:2015. Esta optimización na xestión de recursos e residuos vese reforzada tamén coa obtención do Indicador Ardan Empresa Circular 2020 e Empresa Circular 2021.
- Tras a crise provocada polo COVID-19, a sociedade puso en marcha medidas para afrontar a volta a normalidade aportando valor nos procesos de continuidade do negocio, implementando boas practicas na xestión dos riscos derivados do COVID-19 baixo o estándar Protocolo frente o COVID-19. E xenerando confianza entre todos os colectivos (clientes, traballadores e sociedade en xeral).

4. Datos de contacto
As nosas canles de contacto
A través do teléfono 986 110 900, das seguintes direccións asede@rccelta.es e escoitamos@rccelta.es ou en Calle Príncipe, 44 CP: 36202 Vigo poden poñerse en contacto co Real Club Celta de Vigo, S.A.D.; Fundación Celta de Vigo e Afouteza e Corazón, S.L.U.

5. Estado de información Non Financieira
Máxima transparencia
O Grupo RC Celta intenta mostrar de forma transparente aquela información que non só afecta ao modelo de negocio, senon que explica a creación de valor social do Grupo. A nosa intención é informar sobre:
Cuestións ambientais
Cuestións sociais e de persoal
Respeto aos dereitos humanos
Lucha contra a corrupción e o soborno
Por iso o Consello de Administración de Real Club Celta de Vigo, S.A.D., formula de forma voluntaria o Estado de Información Non Financeira do Grupo RC Celta.

Información non financieira tempada 2020/2021

Información non financieira tempada 2019/2020

Información non financieira tempada 2018/2019

6. Memoria deportiva
Análisis da tempada 2020/2021
O resumo da tempada 2020/2021 baséase na remontada do primeiro equipo para a historia pasando do último posto a oitavos na clasificación. E co Celta B xogando o seu cuarto play off de ascenso a segunda división, quedándose a dous partidos de logralo.
Como celtistas podemos sentirnos orgullosos de feitos como:
- Segundo o Centro Internacional de Estudos do Deporte ( CIES), entidade dependente da FIFA, RCCelta é o equipo dos dez principais campionatos domésticos europeos que presento unha maior porcentaxe de minutos disputados polos xogadores formados nas súas categorías inferiores.
- Sete canteiráns debutaron en primeira división e 15 canteiráns tiveron minutos en LaLiga 2020/2021
