Os valores do Grupo RC Celta
Os valores básicos que guían a actividade do Grupo son: HONESTIDADE, XUSTIZA e INTEGRIDADE.
Sendo os principios básicos
- Estrito cumprimento da Lei e da Normativa Interna,
- Máximo respecto, equidade e dignidade no trato a todas as persoas que conforman o Grupo (incluindo plantilla deportiva), colaboradores, as persoas aboadas, provedores, competencia e demais terceiras partes vinculadas co Grupo
- Compromiso coa saúde e a seguridade,
- Transparencia, obxectividade e profesionalidade no desenvolvemento de todas as súas actividades e das relacións con todos os grupos de interese,
- Intimidade, protección de datos e información confidencial, e
- Fomento da actividade deportiva cos máis altos estándares de profesionalidade.

1. As normas
As normas de conduta do Grupo RC Celta
Manual de Prevención de Riscos Penais
Código de Conduta e Ética Profesional
Política Anticorrupción
Política de Atencións e Agasallos
Política de Prevención de Conflitos de Interés
Política de Privacidade e Confidencialidade
Política de Seguridade en materia de Protección de Datos
Protocolo para a prevención e erradicación do acoso
Establécese unha caixa de correos de denuncias de acoso, xestionado polo Comité de Prevención do Acoso a través do cal todas as persoas integrantes do Grupo poden reportar denuncias relacionadas co acoso. A caixa de correos é denunciaacoso@rccelta.es
Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte
Así mesmo, damos cumprimento ao disposto pola Xunta de Galicia, que a través do Observatorio Galego da Familia e da Infancia aprobou o “Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte” o 14 de maio de 2024. Dito protocolo, de obrigado cumprimento para clubs, federacións, instalacións e entidades deportivas en Galicia, foi rexistrado polo Celta. Así mesmo, e co obxectivo de reforzar o noso compromiso coa protección e o benestar das persoas menores, poñemos tamén a disposición de todas as persoas interesadas o Marco de protección a menores e o Protocolo de actuación ante posible situación de violencia do Grupo Celta. Os tres documentos poden consultarse a través das seguintes ligazóns:
Consultar Protocolo de Protección
Consulta do Marco de protección a menores do Grupo Celta
Consulta do protocolo de actuación ante posible situación de violencia
Ademais, o Grupo Celta ten unha canle de comunicación segura e confidencial, adaptado ao disposto na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que denuncian infraccións normativas e da loita contra a corrupción. A través desta canle pódense xestionar incidencias, consultas ou queixas relacionadas coa protección da infancia e a adolescencia, garantindo en todo momento a confidencialidade, a ausencia de represalias e o dereito á protección do informante.

Así mesmo, o Manual de Prevención de Riscos Penais, o Código Ético e os procedementos e políticas do Grupo Celta establecen unha serie de pautas de actuación e de control coa finalidade de mitigar riscos potenciais de comisión de delitos, xa sexa internamente como por terceiras persoas colaboradoras.

