Sobre o Grupo RC Celta
O Grupo RC Celta caracterízase pola especialización nos negocios que desenvolve, construíndo relacións de confianza baseadas na experiencia e na excelencia, diferenciándonos dos nosos competidores e tentando xerar un impacto positivo na sociedade en xeral.
RC Celta
A nosa actividade principal céntrase na participación en competicións deportivas de carácter profesional, da modalidade deportiva de futbol, participando o primeiro equipo no Campionato Nacional de Liga de Primeira División e na Copa do Rey e o equipo filial, Celta B, participa na Terceira RFEF e o Celta C xoga na Terceira RFEF.
Tamén levamos a cabo comercialización de roupa e artigos deportivos a través das tendas oficiais de RC Celta.


Fundación Celta
As principais actividades realizadas pola Fundación Celta de Vigo son promover o deporte base; desenvolver campus, escolas e clinics deportivos para a xuventude, principalmente orientados a practíca do futbol; investigar e promover os valores do deporte, así como realizar charlas e coloquios sobre a súa importancia na sociedade; desenvolver diferentes actividades lúdico-deportivas para a promoción de práctica do deporte entre as persoas de todas as idades; dar a coñecer o patrimonio social e deportivo de RC Celta; fomentar a participación cidadá en actividades de carácter social, mediante a promoción de campañas solidarias…
Afouteza e Corazón
A sociedade presta servizos de fisioterapia e traumatoloxía e outros servizos vinculados á medicina do deporte, xestión de determinados espazos (organización de eventos de empresa, charlas, concertos, …).

Galicia sport 360
A sociedade dedicase a realización, organización e explotación de actividades recreativas e de lecer.
Os datos do Grupo RC Celta
Miles de euros
Miles de euros
Miles de euros
En todo o Grupo RC Celta
Os valores do Grupo
Os valores que identifican o Grupo RC Celta son a transparencia, a excelencia tanto deportiva como empresarial, a sustentabilidade e pola proximidade, adaptándonos de maneira continua aos requisitos dos grupos de interese e ás tendencias nas que se atopan organizacións do mesmo ámbito de actuación.

Optimizar a xestión de recursos e residuos
Esta optimización na xestión de recursos e residuos vese reforzada tamén coa obtención da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. do Indicador Ardan Empresa Circular 2020; Ardan Empresa Circular 2021 e Ardan Empresa Circular 2022.
Ademais, a Cidade Deportiva Afouteza foi finalista da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU) dos anos 2018 a 2020. E nominada ó Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea- Premio Mies van der Rohe 2022 para as obras rematadas entre outubro 2018 e abril 2021.

Excelencia empresarial
Todo isto fai que á sociedade dominante lle concedan o Certificado de Excelencia en xestión empresarial Informa-el Economista ano 2019, 2020, 2021 e 2022; tras a avaliacion dos principais parametros que determinan a xestión, como son: solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción da clientela, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización. E que ademais nos concedan o Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022

Responsabilidade social e ética empresarial
O Grupo RCCelta encontrase firmemente comprometido coa igualdade de oportunidades no acceso ó emprego, independentemente das características individuais das persoas que opten a un posto de traballo. Por iso, fai seus os criterios establecidos na lexislacion vixente sobre o principio de Igualdade e diversidade, co diseño, implementación e seguemento de medidas que contribuirán efectivamente a integrar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes na actividade diaria do Grupo.
Na tempada 2020/2021 aprobouse o I Plan de Igualdade da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D, por un periodo de 4 años, que abarcan dende o 29/06/2021 ao 28/06/2025.
Na tempada 2021/2022 encontrabanse integradas no equipo de traballo tres persoas con discapacidade, dous homes e unha muller. Ademais, dende a Fundación Celta Integra apoiase á xuventude e maiores con discapacidade intelectual na formación integral e na súa inclusión.
O Grupo RC Celta no mundo
Neste mapa recóllese a presenza do Grupo RC Celta a nivel mundial en cualquera das súas modalidades
