Hemeroteca canteira

Polémica eliminación do Celta na Copa de Campións

RC Celta

juvenil-copacampeones-2015.jpg

2 penaltis non sinalados a favor dos vigueses. Os de De Dios mereceron máis ante o R.Madrid (3-1)

 

Polémica eliminación do Celta na Copa de Campións 2015. Os celestes arrincaron os cuartos de final ante o Real Madrid con determinación e boas sensacións en ataque, aínda que o tanto vigués chegou cando menos dominaban. No minuto 36 Yelko plantouse na frontal da área rival e, tras tocar nun defensor, o balón coouse por encima do porteiro. A vantaxe dos galegos durou pouco. Apenas cinco minutos despois, ao bordo do descanso, Borja Mayoral puxo o empate no marcador cun remate na área pequena.

 

Tras a continuación o Celta volveu ofrecer a súa mellor versión, cun Real Madrid que apostaba por esperar á contra. Corría o minuto 49 cando chegou a primeira decisión polémica do colexiado. Forcexeo entre De Paz e Cedrés que comeza fose da área céltica e que termina co futbolista merengue caendo dentro da zona de castigo. Borja Mayoral non fallou a pena máxima. Na mesma acción expulsión do adestrador celeste David De Dios, aparentemente por protestar a decisión arbitral.

 

Os canteiráns da Madroa non viñeron abaixo nin moito menos. O Celta fíxose co balón e buscou con decisión un empate que mereceu pero que nunca chegou. O porteiro madridista, Oliveros, resultou clave para que o Real Madrid non encaixase. O árbitro non viu un penalti moi claro a Yelko Piñeiro e outro do gardameta merengue a Julio Delgado.

 

Azuzados pola inxustiza, o Celta terminou o encontro envorcado na portaría rival. O Real Madrid sentenciou á contra, xa no tempo de desconto, cun tanto que supuxo o triplete de Borja Mayoral e o definitivo 3 a 1 no marcador. O Celta regresa a Vigo co amargo sabor da inxustiza.

 

FICHA TÉCNICA

3-Real Madrid: Oliveros, Álvaro Tejero, Lienhart, Kusevic, Sergio Molina, Cedrés (Miguel García, min.81), Aleix Febas, Borja Mayoral, Lazo, Reguilón (Quezada, min.66) e Ganfornina (Sánchez, min.57).

 

1-RC Celta: Iván, De Paz (Pablo Silva, min.87), Jorge, Bugallo, Alende, Borja Peña, Brais Méndez (Hugo Pintos, min.63), Pape, Adrián Rodríguez, Yelko e Julio Delgado.

 

Goles: Yelko, 0-1 (min.36); Borja Mayoral, 1-1 (min.42); Borja Mayoral, 2-1 (penalti, min.49); Borja Mayoral, 3-1 (min.91).

 

Árbitro: Tauste Fernández.

 

Campo: Estadio Municipal Francisco Bonet.


Foto: Pepe Villoslada.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas