O club pon a disposición dos afeccionados o ‘Menú RC Celta’ que comen os xogadores do primeiro equipo

O RC Celta, da man de El Trigal, pon a disposición de todos os afeccionados celestes un menú especialmente deseñado para aquelas persoas que realizan deporte a diario e seguen hábitos saudables. Do mesmo xeito que os xogadores do primeiro equipo, que comen a diario nas instalacións deportivas da Madroa un menú deseñado polo nutricionista … Continuación

Fútbol de Salón | Episodio 2: Jorge Valdano

Unha lenda do fútbol mundial, campión do mundo con Arxentina. Jorge Valdano fixo as delicias dos asistentes á segunda charla de adestradores do ciclo "Fútbol de Salón" que a Fundación Celta organiza en A Sede. Tras a súa xenial conferencia, o ex internacional arxentino atendeu ás cámaras de Celta Media.

Vicente del Bosque ofrece a súa visión sobre o fútbol este xoves no Salón Rexio de A Sede

Este xoves os afeccionados do RC Celta poderán gozar dun invitado de luxo no ciclo de charlas 'Fútbol de Salón' organizado polo club celeste e a Fundación. Vicente del Bosque, exseleccionador nacional e campión dunha Eurocopa e un Mundial entre outros moitísimos títulos, disertará no Salón Rexio da Sede sobre o fútbol actual e como … Continuación

‘Ano novo, liga nova’: Celta-Osasuna, partido clave con entradas gratis para abonados e bufandas para os nenos

RC Celta-CA Osasuna: partido clave, vital a nivel deportivo e anímico. Un encontro que serve de saúdo ao ano 2020, no que debe arraigar na mente do equipo e da afección unha expresión popular: borrón e conta nova. Atrás debe quedar, totalmente enterrado, un ano 2019 amargo para recibir o 2020 con esperanzas e ilusións … Continuación

O RC Celta celebra a primeira edición de ‘A Previa’ en A Sede en vésperas de Ano Novo

Despídese un 2019 amargo e chega un novo ano cargado de esperanzas e ilusións no que o RC Celta, da man da súa afección, debe mellorar e repuntar. Para dicir adeus, por fin, a 2019 e recibir unidos o ano novo, o RC Celta organiza por primeira vez un evento festivo que terá lugar en … Continuación

Aprazado o Celta B – RM Castilla deste sábado por mor da alerta meteorolóxica

A Federación Española de Fútbol acordou esta tarde aprazar o partido de Segunda División B previsto para este sábado ás 15.45 horas en Barreiro entre Celta B e Real Madrid Castilla dada a situación de alerta meteorolóxica que se está vivindo en Galicia.

O RC Celta entra no mundo dos e-Sports e formará parte da eLaLiga Santander

O Real Club Celta dá un novo paso na súa constante evolución e procura de oportunidades. O club vigués entra no mundo dos e-Sports coa súa inscrición na próxima tempada da eLaLiga Santander, a competición oficial de EA Sports FIFA 20 Global Series en España na que participarán 33 clubs de Primeira e Segunda División. … Continuación

O RC Celta recibe o agarimo e os sorrisos dos nenos ingresados no Álvaro Cunqueiro

RC Celta e Fundación gozaron este venres dun dos momentos máis especiais e emotivos do ano: a visita aos nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro. Os xogadores do primeiro plantel, o corpo técnico, o presidente Carlos Mouriño e varios directivos do club compartiron anécdotas, sorrisos, fotografías e autógrafos cos máis pequenos que se atopan na … Continuación

Minuto de silencio antes do encontro ante o RCD Mallorca

Antes do partido de LaLiga ante o RCD Mallorca, este domingo 15 de decembro ás 14:00 horas en ABANCA Balaídos, gardarase un minuto de silencio en memoria do mozo celtista e abonado do club, Miguel, de tan só 15 anos de idade e que faleceu súbitamente a semana pasada. Descanse en paz.

O luns comeza a campaña de abonados anuais do RC Celta

O RC Celta pon en marcha o día 16 do presente mes de decembro a campaña de abonados anuais que, como durante o pasado verán, conxela prezos para potenciar o mellor activo do club: a unión de equipo e afección. Para seguir pertencendo á familia celeste, os abonados poderán renovar o seu carné a partir … Continuación