O Celta estrea unha reportaxe sobre a relación entre dous dos símbolos máis representativos da cidade de Vigo: o club celeste e o Cristo da Vitoria. Unha ollada próxima a unha das citas máis emblemáticas da cidade, cuxa historia se remonta a máis de dous séculos e que, do mesmo xeito que o sentimento celeste, foi pasando de xeración en xeración.
A participación de Marián Mouriño como pregoeira da festividade deixou unha imaxe para o recordo que o club quixo conservar a través desta peza audiovisual. Un percorrido por unha celebración profundamente vencellada á esencia viguesa e ao arraigamento do Celta á súa terra.
Dálle ao play e descubre unha historia na que o celtismo e un dos grandes sinais de identidade de Vigo camiñan da man.