Hemeroteca canteira

O técnico vigués Rubén Albés dirixirá ao Celta B a próxima tempada

RC Celta

albes_etrenador_filial_8617.jpg

 

O técnico vigués Rubén Albés será o adestrador do Celta B a próxima tempada tralo acordo selado hoxe co club. Rubén Alvés, de 32 anos de idade, atesoura unha ampla experiencia nos banquiños, tanto de primeiro como de segundo adestrador.

 

O preparador galego dirixiu a pasada tempada ao filial do Real Valladolid, equipo que realizou unha gran campaña e acabou en sexta posición tras loitar ata o final polos postos de play off de ascenso. Terá como segundo adestrador no filial celeste a Toni Madrigal, con quen compartiu banquiño no Valladolid B.

 

Albés, adestrador máis novo de España nas categorías nacionais no ano 2010, foi segundo de Benito Floro en Marruecos, no Wydad de Casablanca.

 

Tralo seu regreso a España, adestrou ao Novelda CF e na tempada 2014/2015 dirixiu en dúas etapas, en Segunda B, ao Eldense, conxunto co que logrou selar a permanencia cando se incorporou ao banquiño no tramo final da competición e co equipo nunha situación moi delicada.

 

En 2015 converteuse en adestrador do filial do Real Valladolid e en outubro dese mesmo ano foi ascendido ao primeiro equipo como segundo de Miguel Anxo Portugal. A pasada tempada dirixiu de novo ao filial vallisoletano, onde deixou unha extraordinaria impresión.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas