destacada 500k seguidores twitter
O Club

Medio millón de grazas: O RC Celta supera os 500.000 seguidores no seu perfil principal de Twitter

RC Celta

Pasaron once anos desde a estrea do RC Celta en Twitter, o segundo perfil oficial que o club abría en redes sociais tras lanzar a súa páxina de Facebook en 2009. O celtismo e o mundo do fútbol viviron desde entón a actualidade celeste e o día a día do club e o equipo cunha inmediatez e ton comunicativo como nunca antes.

Pouco máis dunha década despois, a conta principal do RC Celta en Twitter alcanza os 500.000 seguidores, unha cifra que sitúa á entidade viguesa como a décima en seguimento entre os clubs de Primeira División. Se, ademais, téñense en conta os recentes perfís oficiais cento por cento en galego (@RCCeltaGL) e inglés (@RCCeltaEN), a comunidade tuitera céltica ascende até os 513.000 seguidores.

O crecemento do RC Celta en redes sociais continúa sosténdose no tempo, superando xa os 1.800.000 seguidores entre todos os perfís oficiais. O club non deixa de actualizarse no campo da comunicación dixital, e proba diso é a súa presenza en redes sociais actuais como TikTok, a conta do RC Celta que máis crece actualmente e que xa conta cunha comunidade próxima aos 100.000 seguidores.

O armazón de perfís oficiais non se limitou a crecer no referido ao club e primeiro equipo, senón que se desenvolveu para ofrecer información e contidos de calidade de áreas temáticas como a canteira (@CanteiraCeleste), o edificio da Sede e os seus negocios (@ASedeRCCelta) ou a división de eSports celeste (@eSportsRCCelta). Un ecosistema dixital amplo e variado co que achegar aos afeccionados, dunha maneira próxima e directa, todos os proxectos e realidades do Grupo RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas