Hospitality

Hospitality Celta reúne unha selección de espazos exclusivos, experiencias premium e servizos personalizados pensados para empresas, institucións e particulares que buscan un entorno único para dar forma a proxectos e eventos de primeiro nivel.

Tanto en días de partido, gozando de toda a emoción do fútbol desde unha perspectiva privilexiada, como en días sen partido, organizando reunións, presentacións, congresos, eventos corporativos ou celebracións privadas, o Celta pon á disposición dos seus clientes espazos singulares e un equipo especializado que acompaña cada proxecto de principio a fin.

Porque o Celta vívese durante todo o ano.

As nosas instalacións abren as súas portas moito máis alá da competición para converterse no escenario de experiencias memorables, adaptadas a cada necesidade e cun servizo coidado ata o último detalle.

Abanca Balaídos é un dos grandes escenarios desta proposta, xunto a outros espazos do Club que permiten dar resposta a eventos de distinta natureza, sempre coa identidade, a proximidade e a excelencia que definen ao Celta.

Contacta connosco para máis info.

CELTA HOSPITALITY

Abonos de tempada e Entradas VIP

EVENTOS

Descobre os espazos que ofrece o Celta para vivir experiencias únicas tanto para empresas como para particulares.

CLUB DE EMPRESAS
CELTA

Únete ao club de empresas do Celta. Participarás en diferentes actividades e eventos durante a tempada, ademais dunha ubicación privilexiada no estadio Abanca Balaídos