BANNER WEB
Novas primeiro equipo

Día da Patria Galega, Día del Príncipe das Bateas: Iago Aspas renova ata 2025

RC Celta

Día de Galicia, Día de Santiago Apóstolo, Día de Iago Aspas. Para o RC Celta e a súa afección, este 25 de xullo non é só o Día da Patria Galega, é o día no que o Príncipe das Bateas une o seu destino ao do club. O máximo goleador da historia celeste, o gañador de catro Trofeos Zarra, estende a súa vinculación co RC Celta tres tempadas. O celtismo poderá gozar ata 2025 da imaxinación, a calidade e os goles do canteirán.

Iago Aspas é moito máis que os seus 418 partidos, os seus 184 goles e 63 asistencias, a súa condición de máximo goleador da historia celeste e de futbolista da liga con máis Trofeos Zarra xunto a David Villa.

Para o celtismo, Iago Aspas o mozo do dobrete máxico ante o Alavés para afastar un dramático descenso, o que lle rompeu a cintura ao seu marcador para pechar o milagre do 4 por cento, o das bágoas da Nosa Reconquista fronte ao Vilarreal, o que rescatou ao equipo en infinidade de ocasións e de mil maneiras diferentes. É o que mostra orgulloso o escudo despois dunha explosión de talento, o que fai goles imposibles de falta, por ocos inexistentes ou tras prodixiosas cabalgadas,… Ata 2025.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas