20230103_RCDEspanyolVsRCCelta_3
Primeiro Equipo

O RC Celta cae na prórroga ante o RCD Espanyol (3-1)

RC Celta

 

O RC Celta pecha a súa participación na presente edición da Copa del Rey cunha derrota (2-1) na prórroga ante o RCD Espanyol no RCDE Stadium.

O partido empezaba de fronte para os nosos intereses cun gol de Paciência aos quince minutos de partido, unha primeira metade na que os celestes conseguiron manter a súa renda ata o descanso.

Tras a continuación, un Espanyol renovado conseguiu o empate por medio de Puado, que poñía de novo a igualada no marcador. Un empate que, pese ao intercambio de golpes de ambos os equipo, forzaría unha prórroga na que o gol de Sergi Darder no minuto 97 sería ao cabo definitivo. Melamed, nos minutos finais, sentenciaría co 3-1.

A próxima contenda celeste será este venres 6 de xaneiro ás 18:30 ante o Elche CF no Martínez Valero, encontro correspondente á xornada 16 de LaLiga 22/23.

FICHA TÉCNICA

3 – RCD ESPANYOL: Joan García; Rubén Sánchez (Aleix Vidal, min. 46), Cabrera, César Montes, Brian Oliván; Roger Martínez (Óscar Gil, min. 46), Edu Expósito, Vini Souza, Lazo (Nico Melamed, min. 46); Braithwaite (Sergi Darder, min. 74) (Calero, min. 114), Puado (Joselu, min. 80).

1 – RC CELTA: Marchesín; Kevin (Hugo Mallo, min. 59), Aidoo, Unai Núñez, Cervi (Javi Galán, min. 91); Carles Pérez, Renato Tapia (Fran Beltrán, min. 46), Óscar Rodríguez, Luca de la Torre (Swedberg, min. 91); Gabri Veiga (Iago Aspas, min. 59), Paciência (Strand Larsen, min. 69).

Goles: Paciência (0-1, min. 15); Puado (1-1, min. 54); Sergi Darder (2-1, min. 97); Nico Melamed (3-1, min. 118).

Árbitro: Martínez Munuera, do colexio valenciano. Amonestou a Roger Martínez, Vini Souza, Aleix Vidal, Cabrera e Nico Melamed, do RCD Espanyol, e a Kevin, Renato Tapia, Fran Beltrán, Aidoo, Strand Larsen e Marchesín, do RC Celta. Marchesín foi expulsado por dobre amarela.

Campo: RCDE Stadium.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas