C. Tangana Horizontal
Centenario

Un momento máxico para o celtismo: revive a presentación do himno do Centenario

RC Celta

20230706_PresentaciónHimno_CTangana, EquipoFai unha semana o celtismo viviu un momento histórico e máxico. Un acto cargado de emoción, no que se deu a coñecer o himno do Centenario do RC Celta. A Oliveira dos Cen Anos converteuse en poucas horas nun auténtico símbolo para afección, cunha letra e música que foi capaz de representar un sentimento dende os primeiros ata os últimos versos, e que desde a súa estrea resoa por todos os recunchos de Galicia e do mundo.
O acto contou coa presenza destacada do artista e celtista internacional C. Tangana, autor do himno; que estivo acompañado por outros colaboradores destacados como Xisco Feijoo, Carme López, Pablopablo ou Harto Rodríguez, entre outros. O artista deixou patente o seu profundo amor polo club ao longo de todo o acto, afirmado que ser do Celta era algo “muy guapo” e que el o consideraba un “acto subversivo”.
Se non puideches participar na cita, non perdas o acto que será retransmitido hoxe no canal de YouTube de C. Tangana. Revive un dos eventos máis salientables do RC Celta, se partícipe dun momento único, que xa forma parte da historia do celtismo. Sempre Celta!

DISPOÑIBLE AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Centenario

Noticias recomendadas