20230722_SLBenficaVsRCCelta_3
Primeiro Equipo

O RC Celta pecha o seu stage no Algarve con derrota no desconto ante a SL Benfica (2-0)

RC Celta

Despois da vitoria por 5-0 ante Al-Nassr FC, o RC Celta enfrontouse no Estádio Algarve ao vixente campión da liga portuguesa no segundo partido do Troféo do Algarve 2023. Os celestes realizaron un partido moi serio fronte á SL Benfica, mostrando unha sólida actuación no campo, que se decidiría en favor dos locais con dous goles no tempo de desconto.

Tras seis días de concentración no Algarve, o RC Celta pon fin ao seu stage en terras portuguesas. O equipo continuará a súa preparación para a nova tempada na Cidade Deportiva Afouteza, onde adestrarán nos próximos días con vistas ao Memorial Quinocho. Este será o terceiro test de pretemporada, que terá lugar o sábado 29 de xullo ás 20:00 ante o Olympique de Lyon en Abanca Balaídos. Os abonados celestes xa poden solicitar aquí a súa entrada.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas