ESCUDO-1300x400-02
Centenario

Unha placa que rememora as nosas raíces

RC Celta

placa centenario 1Hoxe, 23 de agosto de 2023, hai 100 anos que na que era a Fundación Gremial de Patróns, hoxe a Biblioteca Pública Juan Compañel, uníanse o Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna para dar orixe ao Real Club Celta.

Así pois, con motivo do aniversario do primeiro século de vida do club, o RC Celta non quería dar comezo a un día tan sinalado sen antes mirar antes cara atrás, cara a onde todo comezou, as nosas orixes. Por iso, no lugar exacto da firma que fusionou a ambos os clubs, o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o Consello de Administración descubriron unha placa conmemorativa para deixar constancia do nacemento da entidade celeste.

 

RC Celta

Etiquetas

Centenario

Noticias recomendadas