Ponferradina - Celta 3
A Canteira

Dura estrea para a Celta Fortuna que cae ante a SD Ponferradina (2-1)

RC Celta

O Celta Fortuna comezou a súa andaina na Primeira Federación cunha inmerecida derrota no Toralín ante a SD Ponferradina (2-1). Unha derrota que non representa o gran traballo que realizaron os de Claudio Giráldez.

Co asubío inicial que marcaba o comezo do partido e o arranque dunha nova tempada de liga, o Celta Fortuna saltou ao campo con enerxía e inmensas ganas de comezar con bo pé. Varias foron as chegadas á área rival por parte dos de Claudio Giráldez; con todo, dous penaltis a favor do conxunto local puxeron o encontro en contra para os celestes.

Lonxe de renderse, co inicio da segunda parte, o equipo pelexou unha remontada que lle permitise comezar a competición sumando. Pronto chegou un gol de Raúl Blanco, no minuto 49, que finalmente sería anulado polo colexiado. Habería que esperar ata o 67 para que esta vez si, outro gol do capitán do filial celeste subise ao marcador. Sen embargo, o encontro remataría cunha derrota para o equipo céltico.

Haberá que esperar ata a segunda xornada, esta vez en casa, o vindeiro sábado 2 de setembro ás 20:30 h ante a SD Tarazona, para tentar estrear a marcadora.

FICHA TÉCNICA

2 – SD PONFERRADINA: Andrés Prieto; Ale Díez (R. Arias, 84), Jesús, Kevin Sibille, Nil Jiménez; Thomas Carrique, J. Igbekeme, Pol Llonch (Yuri, 71), Markel Lozano; David Soto (Pol Bassa, 91) y Brais Abelenda.

1 – RC CELTA: Coke Carrillo; Javi Rueda, Javi Domínguez, Iván López (Javi Rodríguez, 66), Gael Alonso; Alfon González, Damián, Miguel Román (Bruno Iglesias, 77), Hugo Álvarez (Fer López, 77); Raúl Blanco (Tincho, 77) y Pablo Durán (Mario Fuentes, 82).

Gol: 1- 0 Pol Llonch (P. 18); 2-0 Ale Díez (P. 22); 2-1 Raúl Blanco (67)

Árbitro: Pérez Hernández. Por parte do Celta Fortuna amonestou a Gael Alonso, Tincho e ensinou dobre amarela a Iván López, que foi expulsado no tempo de desconto do partido. Por parte da SD Ponferradina, ensinou cartón amarelo a Jesús e a Pol Llonch.

Campo: Estadio Municipal El Toralín.

 

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas