O partido comezou con exhibición celeste. As chegadas á portería de Nyland contábanse por minuto e pouco tiveron que esperar os locais para recoller os seus froitos. No 22′ de xogo, un cabezazo de Strafelt, precedido por un medido centro de Aspas, supuxo o primeiro tanto do encontro e o primeiro na súa marcadora persoal. Un 1-0 que fixo espertar aos de Diego Alonso, pero que non foi suficiente para frear o dominio céltico antes do descanso.
Na segunda metade, tras cambios nas filas de ambos os equipos, a contenda mantiña o mesmo paisaxe: dominio local con claras oportunidades, pero unha tarxeta vermella por dobre amarela a Tapia cambiou inesperadamente o rumbo do encontro. Os galegos defendéronse con toda a artillería ata que a desvantaxe numérica pasou factura e, no minuto 84, En-Nesyri marcou o gol do empate.
Todo podía suceder. Os ataques eran continuos nas dúas áreas pero a moeda caeu ao lado celeste cando no minuto 96 pitouse un penalti a favor do RC Celta. Unha acción de Navas sobre Douvikas que terminaría en revisión de VAR e levaría ao colexiado para rectificar e desbaratar a última oportunidade de deixar os tres puntos en casa.
O próximo encontro dos de Benítez en LaLiga EA SPORTS será o venres 10 de novembro ás 21:00h en San Mamés ante o Athletic Club de Bilbao.
FICHA TÉCNICA
1 – RC Celta: Guaita; Kevin (Carles Pérez, min 58), Starfelt, Unai Núñez, Manu Sánchez; Mingueza, Tapia, Hugo Sotelo (Beltrán, min. 68), Bamba (Douvikas, min. 81); Aspas (Dotor, min. 68) e Larsen (Cervi, min. 81).
1 – Sevilla FC: Nyland; Navas, Badé, Gudelj, Acuña (Pedrosa, min. 46); Sow (Lukebakio, min. 46), Soumaré, Rakitic; Ocampos, Mariano (En-Nesyri min. 70), Oliver Torres (Suso, min. 70).
Goles: 0-1, min.21: Starfelt. 1-1, min.83: En-Nesyri.
Árbitro: Hernández Hernández. Expulsou ao xogador do RC Celta Renato Tapia por dobre cartón amarelo (min. 44, min. 64); por parte do Sevilla amoestou a Soumaré (min. 27), Rakitic (min. 45), Oliver Torres (min. 64) e Gudelj (min. 80).
Incidencias: Partido disputado en Abanca Balaídos ante 19.023 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Jesusa Hermida García, insignia de ouro do RC Celta e nai do vicepresidente Ricardo Barros Hermida.