Cincuenta e cinco veciños do Concello de Covelo visitaron este luns o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Cádiz CF dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.
Representando ao grupo acudiron o alcalde D. Juan Pablo Castillo Amigo e o concelleiro D. José Miguel Moreira García.
A expedición recibiu o saúdo do conselleiro D. Pedro Posada e do director da Fundación Celta D. Germán Arteta e presenciou o quecemento do equipo antes do encontro.