Claudio Giráldez dirixiu o pasado mércores a súa primeira sesión de adestramento como novo adestrador do RC Celta. O preparador porriñés deseñou unha sesión en Cidade Deportiva Afouteza na que o balón foi protagonista e na que os xogadores comezaron a coñecer os novos métodos do míster.
Ademais de Claudio, estiveron presentes o que será o segundo adestrador, Róber Fernández, os preparadores físicos Álex Andújar e Christian Fernández, os analistas Borja Oubiña e David Areal, a coach deportiva Laura Centoira e o adestrador de porteiros Nando Villa.