16x9 (1)
O Club

Vicky Vázquez será a adestradora do primeiro equipo de As Celtas

RC Celta

A viguesa Vicky Vázquez será a encargada de dirixir o primeiro equipo de As Celtas. O club e a técnica pecharon nas últimas horas o acordo para que ela se faga responsable do banco do primeiro equipo celeste. Deste xeito, o club reafirma o seu compromiso por poñer en valor os talentos que hai na canteira e que representan como ninguén a filosofía e os valores da entidade, que coñece perfectamente, xa que é adestradora do Infantil A e ata agora do Benxamín B do RC Celta. Ademais, é a adestradora galega sub 15 feminina, equipo que esta pasada fin de semana se proclamou Campión de España.

Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Vigo, Vicky leva 15 anos de traxectoria na categoría nacional de fútbol profesional. Adestrou diferentes equipos da zona como o Rápido de Bouzas, Lérez, Santa Mariña ou Sárdoma.

No banco, Vicky estará acompañada pola malagueña Mara Jiménez, que ocupará o posto de segunda adestradora de As Celtas. Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Estremadura, Mara Jiménez ten unha ampla traxectoria como futbolista en equipos como o Sevilla FC onde xogou como xogadora cadete e xuvenil; no Málaga CF no II Campionato Nacional Feminino; Cacereño, no Reto Iberdrola e no CD Tenerife onde xogou en 2a da RFEF.

Entre 2019 e 2022 foi adestradora nas categorías benjamín, alevín e infantil do Cacereño. Mentres, a pasada tempada ocupou os postos de 2º Adestrador e analista técnico na UD Tenerife.

Paralelamente, é profesora da EUFA en FIFT da Federación Española de Fútbol e directora de Football Girls dos Campus WOB.

Coa incorporación de ambas as técnicas, o club aposta pola coherencia do proxecto de dar oportunidades a mulleres máis que capacitadas para dirixir a parte técnica de As Celtas. O RC Celta confía plenamente na capacidade e no talento tanto de Vicky como de Mara para comezar esta nova etapa no club, que supón un dos proxectos máis ilusionantes da nosa historia recente.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas