ABONADOS-PANTALLAS-1920x1080-ABONADOS
Celtismo

Presentación de “Herdeiros”, a Campaña de Abonados 24/25 do RC Celta

RC Celta

Esta mañá, o Salón Regio de A Sede acolleu a presentación de “Herdeiros”, a Campaña de Abonados do RC Celta para a tempada 24/25. David González, director da área Celtista, foi o encargado de expoñer este novo proxecto, dirixido a fortalecer o vínculo entre o club e o celtismo.

Durante a reunión cos medios, David González presentou detalladamente as claves e resultados obtidos na pasada campaña de abonados. Realizou unha análise exhaustiva dos aspectos positivos e das áreas de mellora, destacando as accións sociais e os eventos organizados durante a tempada.

Tras isto, expuxéronse as principais novidades de “Herdeiros”, entre as que destaca o Carné Celtista, e as claves para os posuidores do Carné Celtista Abonado da tempada 24/25: unha nova estrutura de prezos sectorizados e reaxustados, descontos por idade, a posibilidade de realizar pagos aprazados en catro prazos cun 5% diluído, cambios de titular, a trasferencia dos abonos de adultos, a cesión de abonos instaurada xa na tempada 23/24, o traslado por grupos familiares aos abonados de Gol recolocados ao longo do curso e a mellora dos accesos ao estadio.

En canto a datas, a renovación de abonos comezará o vindeiro luns 17 de xuño e estenderase ata o xoves 27 de xuño, o cambio de asento ou bancada poderase facer do xoves 4 de xullo ao venres 12 de xullo, a cobranza dos recibos irá do luns 1 ao venres 5 de xullo e do luns 15 de xullo ao venres 19 de xullo poderanse realizar as novas altas.

Os prezos de abonos por zona aparecen detallados na seguinte taboa:

A nova campaña de abonados 2024/25 estará dispoñible a partir do luns 17 de xuño en abonados.rccelta.es

DESCARGA AQUÍ O DOSSIER INFORMATIVO DO CARNET CELTISTA ABONADO

DESCARGA AQUÍ O DOSSIER INFORMATIVO DO CARNET CELTISTA

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club Novas destacadas O Club

Noticias recomendadas