Elena Pérez Montero (1 de outubro do 2003) convértese en nova xogadora de As Celtas. A dianteira chega ao equipo despois de militar a tempada pasada no MP Friol.
Elena demostrou unha clara paixón polo fútbol desde moi temperá idade. Comezou a súa formación aos 3 anos no Casablanca, club no que se formou ata os 14 anos. Posteriormente, uniuse ao Matamá, onde xogou durante un ano, e despois ao Sárdoma, equipo no que desenvolveu o seu talento durante catro tempadas máis. Antes da súa chegada a As Celtas, Elena completou unha tempada no MP Friol, consolidándose como unha xogadora destacada.
Ademais da súa traxectoria en clubs, a atacante foi convocada regularmente pola Selección Galega e de Vigo desde os 10 anos, o que subliña a súa calidade e compromiso no campo.
Agora, Elena incorpórase a As Celtas, onde sen dúbida será unha peza crave na dianteira do novo cadro celeste.
Benvida!