16x9
O Club

As Celtas suman o talento de María Calvar

RC Celta

A centrocampista, María Calvar Rodiño (18 de febreiro de 1999), é a nova xogadora confirmada para As Celtas.

Natural de Moaña, María chega ao RC Celta despois dunha destacada traxectoria deportiva na que militou en diferentes equipos. A súa carreira comezou no Bertola CF onde permaneceu ata 2015. A tempada 2015/16, formou parte das filas da Oliveira, equipo no que disputaría a fase de ascenso a Primeira División. Despois, ficharía polo Sárdoma CF na tempada 2016/17 e polo UD Mos na 2020/21. Un ano máis tarde, regresa ao Sárdoma CF onde, no curso 2021/22, logrou o ascenso a 2º REF. O talento e a habilidade de María fixérona destacar ata o punto de ser recoñecida co Premio Vide a mellor xogadora da tempada pasada.

Ademais da súa traxectoria polos diferentes clubs, a moañesa foi xogadora da Selección de Galicia entre 2013 e 2018.

Agora, o RC Celta incorpora a súa calidade e compromiso ás filas de As Celtas.

Benvida, María!

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas