Noelia Pereira Rocha (5 de setembro de 1999) xa é xogadora de As Celtas. A atacante de 24 anos incorpórase ao RC Celta despois de militar a tempada pasada no UD Mos.
Natural de Salceda de Caselas, iniciou a súa traxectoria no Tomiño no ano 2013. Despois, continuaría co seu desenvolvemento deportivo en diferentes equipos como o Erizana CF, o Atlántida de Matamá, o Viaxes Interrías, o Sárdoma CF e o UD Mos, equipo no que recalou a tempada pasada.
Noelia conta cun gran potencial ofensivo que a fixo destacar alá onde xogou ata o punto de ser recoñecida cun premio VIDE a mellor xogadora, no ano 2016, cando militaba no Atlántida de Matamá.
O RC Celta dálle a benvida a unha nova integrante para As Celtas que seguro será unha peza clave na dianteira do conxunto celeste.