FICHAJE_03JULIO_16-9
A Canteira

Emilio Rodríguez, puro talento mexicano para o Celta Fortuna

RC Celta

O RC Celta e o Pachuca chegan a un acordo para a cesión sen custo con opción de compra do extremo mexicano, Emilio Rodríguez. A falta das pertinentes probas médicas, o xogador de 21 anos chegará á cidade olívica para reforzar o ataque do Celta Fortuna.
Na súa primeira tempada no club azteca, o dianteiro disputou un total de 42 partidos, entre todas as competicións, sumando 4 goles e outras tantas asistencias. Unha brillante campaña na que se proclamou campión da Champions da Concacaf e foi designado como xogador revelación da competición.
O RC Celta dá a benvida ao talento e definición do mexicano que aposta polo filial do conxunto celeste para demostrar que pode destacar en calquera liga.
Benvido, Emi!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b

Noticias recomendadas