16x9 Nogueira
O Club

María Nogueira únese o equipo de As Celtas

RC Celta

  • María Nogueira Gil (6 de decembro do 2000) é a nova fichaxe de As Celtas. A centrocampista de 23 anos chega procedente do Victoria CF onde militaba desde o 2015.
    Natural de Santiago de Compostela, a súa traxectoria deportiva transcorre por diferentes equipos como o Belvís, o Cacheiras e o Victoria Cf. Novo promesa do fútbol, asinou unha gran tempada no curso 2023/24 con máis de 1700 minutos disputados e once goles anotados que avalan a calidade e definición dunha xogadora que leva o carácter competitivo no sangue.
    As Celtas suman unha nova integrante que achegará puntería e fortaleza a un equipo que aos poucos está a ultimar o seu primeiro plantel.
    Benvida, María!
RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas